Sábado 22 de abril 2023

Axenda

Concerto para a veciñanza no barrio de Santa Marta

O vindeiro sábado 22 de abril ás 12:00 h na praza Pascual Veiga terá lugar un concerto para a veciñanza organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e a Escola Municipal de Música.

Este tipo de concerto está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación. De feito, o ano pasado celebrouse no barrio do Castiñeiriño e este ano este ano será a quenda do barrio de Santa Marta (no caso de chuvia trasladarase á pista cuberta situada ao lado do CSC).

Compartir: