Venres 18 de setembro 2020

Axenda

O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell

O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside. .

Ata finais de ano, na Fundación Granell.

Axenda

"Viae Ad Limina Sancti Iacobi", mostra no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Viae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada.

Ata o 31 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López", mostra na Fundación Eugenio Granell

Proxecto expositivo que afonda na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Do 9 de xullo ao 20 de setembro, na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: