Sábado 9 de marzo 2019

Axenda

"Pink Unicorns", a nova creación de La Macana

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente.

O sábado 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Enredadas: Coplas e Alalás

Espectáculo con Carmen París (piano e voz), Martirio (voz), Uxía (voz), Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarras) e Sérgio Tannus (guitarra española e viola caipira).

O sábado 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Perencontro", proxecto de Alejandra Pombo na Zona C

Alejandra Pombo pon as condicións para dar lugar ao Perencontro con catro artistas invitados para a ocasión: María Xerez, Mårten Spångberg, Silvia Zayas e Josu Bilbao.

Do 17 de xaneiro ao 10 de marzo, na Zona C.

Axenda

"Nun recuncho de ningures", exposición de pezas do escultor Salvador García-Bodaño Pereira

A mostra Nun recuncho de ningures reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU , realizadas con materiais reciclados.

Ata mediados de marzo, na Casa do Cabido.

Axenda

Kumano Kodo: unha peregrinación a través do tempo

37 fotografías en cor e branco e negro froito das viaxes que os fotógrafos, Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama, en Xapón.

Do 24 de xaneiro ao 30 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: