Luns 25 de marzo 2019
Axenda
"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia
Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.
Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
14ª Mostra Internacional do Cinema Etnográfico
A Sección Oficial recolle dezaseis filmes a concurso de dez nacionalidades diferentes realizados nos últimos dous anos.
Do 25 ao 31 de marzo, no Museo do Pobo Galego, Teatro Principal, Numax e Museo das Peregrinacións.
Axenda
Kumano Kodo: unha peregrinación a través do tempo
37 fotografías en cor e branco e negro froito das viaxes que os fotógrafos, Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama, en Xapón.
Do 24 de xaneiro ao 30 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
2MiiC. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
O uso visual da cor, a representación subxectiva da natureza e o universo feminino son os tres conceptos xerais sobre os que pivota esta segunda edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea ( MiiC), que presenta por segundo ano consecutivo en Santiago de Compostela o que se está facendo dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
Ata o 31 de marzo, no Centro Abanca Obra Social.
Axenda
Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell
Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.
No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.