Mércores 29 de novembro 2017
Axenda
"O Camiño Francés a Santiago", polo Mestre Munehiro Ikeda
Selección da reprodución dos debuxos realizados por Munehiro Ikeda na súa obra El Camino de Santiago en España, realizado nos anos 1983-1984.
Do 9 de novembro o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
"Modelo X armar", exposición de artistas galegos no CGAC
Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección coma un modelo por construír.
Do 9 de novembro ao 28 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Mise en Abyme", pinturas e acuarelas de Eduardo Batarda
Eduardo Batarda (Coímbra, 1943) é un dos artistas máis recoñecidos de Portugal e Mise en abyme a súa primeira exposición individual en España.
Do 11 de outubro ao 21 de xaneiro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"A intimidade da imaxe. Anna Turbau. Galicia 1975–1979"
Esta exposición peneira no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual.
Do 19 de outubro ao 10 de decembro, no Colexio de Fonseca.
Axenda
Mostra "Caminhos do ferro e da prata. Linhas do Douro e do Minho"
Da innegable importancia histórica da construción da liña férrea do Douro e do Miño dá conta unha exposición con documentos gráficos dun dos pioneiros da fototipia en Portugal, Emílio Biel, datados en 1887.
Do 12 de outubro ao 29 de novembro, na igrexa da Compañía (Universidade).
Axenda
"Por fin Santiago!", os cadernos de viaxe de Alfredo
Cando a afección polos cadernos de viaxe e os movementos de ilustradores urbanos aínda non estaban de moda, Alfredo xa saía á rúa con papel e lapiseiros de cores para retratar as cidades.
Do 9 de novembro ao 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións.
Axenda
Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.
Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"
Unha viaxe polos materiais didácticos e escolares relacionados coa cartografía e a xeografía escolar. Poderase sacar unha foto de "recordo escolar" cun mapa nas costas.
Do 15 de setembro ao 31 de decembro, no Museo Pedagóxico de Galicia.
Axenda
"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC
A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.
O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Un cuarto propio", intervención artística na Zona C
Un cuarto propio é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado.
Do 11 de outubro ao 10 de decembro, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval.
Axenda
Jonathan Webb dirixe a Real Filharmonía
Jonathan Webb ponse unha vez máis á fronte da orquestra nun concerto que inclúe pezas de H. Krasa, B. Martinu e A. Dvoràk.
O mécores 29 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.