Venres 13 de xaneiro 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

Concerto para maiores da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música iniciou esta tempada unha programación itinerante co obxectivo de achegar a música a todos os nosos maiores.

O venres 13 de xaneiro, ás 11:30 horas, na residencia da terceira idade de Volta do Castro.

Axenda

Mostra escultórica "Momentos sen tempo", de Antonio Souto

A obra de Antonio Souto desenvólvese fundamentalmente a partir da deformación dunha pel, envoltura, cáscara..., ou como dixo o poeta J.A. Valente "el vacío de todo lo nacido envolvente, materno cómo inmensa morada". A pel é ese territorio que nos conforma, e que debuxa o límite máis ou menos impreciso entre o que nos pasa por dentro e o que sucede fóra.

Do 12 de decembro ao 29 de xaneiro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

"The observation of trifles", de Carlos Alba, na Zona C

Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

Ata o 22 de xaneiro, na Zona C de Bonaval.

Axenda

"Menú da noite", con Carlos Blanco e Luís Davila

Luís Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente. O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente enxeños e artes para atopar o cóctel perfecto. Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.

O xoves 12, ás 20:30 horas, e o venres 13, ás 20:30 e 22:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: