Xoves 9 de xuño 2005

Axenda

Presentación do Racismomatón

Estará ubicado durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur.

O Racismomatón consiste nunha cabina de fotomatón computerizada na que, por medio dun xogo de ordenador, permite, libre e voluntariamente, someterse a un sinxelo test de cinco minutos que avalía as actitudes do usuario cara ao inmigrante.

O test non ten por obxecto determinar se o usuario é ou non racista, senón sensibilizar sobre o problema inducindo o debate e a reflexión.

Axenda

Bernardino Graña presenta "Se os noso amor e os peixes..."

Ciclo Literario "Poeta en Compostela"

Presentación do libro "Se o noso amor e os peixes…" de Bernardino Graña

Axenda

"Ubú encadeado" no Teatro Principal

A Aula de Teatro da USC representa a famosa obra de Alfred Jarry

A Aula de Teatro da USC presenta "Ubú encadeado", de Alfred Jarry. Dirixida por Roberto Salgueiro.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio

Dirixida por Maximino Zumalave.

No Auditorio de Galicia, dentro do Programa de Abono, concerto da Real Filharmonía de Galicia. Maximino Zumalave, director. Christian Hilz, barítono. Interpretarán obras de C. M. v. Weber, G. Mahler e F. Schubert.

Axenda

Chega a Festa do Circo

O día 9 ás 22.00 h. e os días 10 e 11 ás 23.00 horas.

Na Sala Nasa, Festa do Circo.

Compartir: