Sábado 7 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Pedro e o lobo", teatro con Fantoches Baj e a Banda Municipal

A compañía de monicreques Fantoches Baj presenta a súa adaptación do clásico e popular conto Pedro e o lobo, de Prokofiev. O seu conto narra a historia de Antón, Mariola e Pedro, antigos operarios do ferrocarril aos que un día lles tocou desmontar a estación da súa aldea, Montefurado.

O sábado 7 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Psicópata", comedia negra de Antón Coucheiro e Manuel Cortés

Germán Serra é un verdadeiro monstro. Coñecido coma o "artista do cúter", deixou un regueiro de asasinatos e pezas de arte con cadáveres que o fixeron famoso. Despois de dez anos en cadea, accedeu a realizar unha serie de performances organizadas por Institucións Penitenciarias para reducir a súa condea. Leva unha década sen matar, pero hoxe pode ser diferente... Psicópata é unha comedia negra sobre a falta de empatía, sobre o ascenso ao poder dos que non teñen escrúpulos e sobre o propio lado escuro que todos levamos dentro. Suspense, interactuación co público, vídeos, cancións, humor gráfico, gore, playmobils, dj, provocación, efectos especiais, un pouco de terror e, sobre todo, humor negro... Todo isto é Psicópata.

O mércores 4, o xoves 5, o venres 6 e o sábado 7 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 8 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Álex Clavero, Sara Escudero e David Amor no Falabaratos

Cómicamente ofrece a oportunidade ao espectador de ver sobre un mesmo escenario a humoristas de diferentes estilos, co obxectivo de reunir nunha mesma cita, artistas con diferentes enfoques á hora de facer comedia. Para esta primeira ocasión e baixo a premisa de ofertar unha proposta fresca, divertida e de calidade, presentamos este evento que conta con algún dos novos talentos do humor, que nos presentarán fragmentos dos seus mellores monólogos. O ciclo Falabaratos reúne no escenario a Álex Clavero, Sara Escudero e David Amor.

O sábado 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Juntos y separados", pola compañía María Fernanda D'ocón

Xuntos?, separados? Amor aos setenta anos de idade?, medio amor? Media amizade?... A autora do texto, Francoise Dorin, achega solucións a través dunha comedia de agora, pero como as de antes. Teatro de calidade, para escoitar, divertirse e por que non? Emocionarse!

O sábado 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: