Domingo 15 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Xardín suspenso", estrea do CDG

Unha historia de amor. Un amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta nova que investiu todas as enerxías na construción dun depurado xardín sen plantas. Ao mesmo tempo, é unha navalla certeira (de cociña) dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por adquiridas e das aparencias que non ousamos deixar de vestir cada vez que saímos de casa. Abel Neves axita as relacións familiares e o micro-cosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade. E confróntanos co poder das palabras simples, palabras que xorden case sen nos decatar e que á mínima fenda poden converterse en coitelos letais. Cándido Pazó dirixe esta estrea absoluta do Centro Dramático Galego.

No Salón Teatro:
Sábado 14 de marzo, ás 20:30 h.
Domingo 15 marzo, ás 18:00 h.
Venres 20 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 21 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 22 marzo, ás 18:00 h.
Venres 27 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 28 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 29 marzo, ás 18:00 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Miki Nadal

Despois de moito investigar e consultar en manuais clásicos e internet,Mikipedia nace da necesidade de crear unha nova enciclopedia virtual máis próxima á xente, sen termos técnicos difíciles e moito máis comprensible para o home do montón e o que está tirado no sofá. Por suposto, todo desde o punto de vista do humor e do pragmatismo.

O domingo 15 de marxo, ás 20:30 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: