Sábado 14 de marzo 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Ara Malikian

Brillante e expresivo, cun estilo propio e orixinal forxado a partir das súas orixes e vivencias, Ara Malikian é un persoeiro singular na escena musical actual. Agora, Ara Malikian celebra o seu decimoquinto aniversario en España cun concerto que ten para el un significado especial e no que inclúe o mellor destes 15 anos de intensa actividade.

O sábado 14 de marzo, ás 18:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Xardín suspenso", estrea do CDG

Unha historia de amor. Un amor non correspondido ao que se entrega Lucía, unha arquitecta nova que investiu todas as enerxías na construción dun depurado xardín sen plantas. Ao mesmo tempo, é unha navalla certeira (de cociña) dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por adquiridas e das aparencias que non ousamos deixar de vestir cada vez que saímos de casa. Abel Neves axita as relacións familiares e o micro-cosmos no que se sostén a nosa (in)felicidade. E confróntanos co poder das palabras simples, palabras que xorden case sen nos decatar e que á mínima fenda poden converterse en coitelos letais. Cándido Pazó dirixe esta estrea absoluta do Centro Dramático Galego.

No Salón Teatro:
Sábado 14 de marzo, ás 20:30 h.
Domingo 15 marzo, ás 18:00 h.
Venres 20 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 21 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 22 marzo, ás 18:00 h.
Venres 27 marzo, ás 20:30 h.
Sábado 28 marzo, ás 20:30 h.
Domingo 29 marzo, ás 18:00 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Coanhadeira

Nalgúns lugares de Galicia, as coañadeiras eran aquelas mulleres responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Tamén recibían ese nome as vasoiras que empregaban e, no fondo, o grupo Coanhadeira naceu en 2006 con ese mesmo espírito de recollida e vive entregada a amosar aqueles "restos" musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral.

O sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Freedonia

Freedonia é soul. Unha banda con dez músicos que malgastan forza e sentimento no escenario. Caracterízase polo seu potente directo, o que os levou a contar co apoio incondicional do público desde o principio. Un público que abarrota os seus concertos, e que fai que se esgoten as entradas case sempre que tocan: Joy Eslava, Razzmatazz, Malandar, Caracol, Círculo de Bellas Artes, El Sol, Cultura Inquieta, Imaginafunk, Gran Teatro de Cáceres…; son algúns dos sitios por onde deixaron o seu selo.

O sábado 14 de marzo, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: