Martes 4 de xullo 2006
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher
A Escola de Altos Estudios Musicais organiza este quinto festival, que combinará sesións lectivas de carácter teórico e práctico con concertos e audicións abertas ao público.
Do 3 ao 10 de xullo, na Escola de Altos Estudios Musicais.
Axenda
Taller infantil no Pazo de Bendaña
No Pazo de Bendaña, no primeiro andar, nas salas destinadas ao servizo Didáctica no museo, desenvólvese o obradoiro infantil da artista Montse Rego. Está dirixido a nenos e nenas de entre cinco e oito anos. O seu prezo é de 30 euros.
Os días 3, 4 e 5 de xullo, entre as 11:00e as 13:00 h, no Pazo de Bendaña.
Axenda
Charlas informativas sobre o novo permiso de conducir por puntos
O Departamento de Circulación e Seguridade Cidadá organiza unha serie de charlas para informar aos distintos colectivos da cidade sobre o funcionamento do novo carné de conducir por puntos.
29 de xuño
Hora: 20:30
Lugar: Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago
Colectivo: Asociación de Hostalería, ACOTÉS, etc.
3 de xullo
Hora: 20:00
Lugar: Salón de Actos da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre
Colectivo: Empresarios do Polígono do Tambre.
5 de xullo
Hora: 12:00
Lugar: Aula Castelao, Facultade de Medicina de Santiago
Colectivo: Alumnos e profesores da Universidade.
6 de xullo
Hora: 20:30
Lugar: Auditorio de Galicia
Colectivo: Empresarios do transporte urbano, discrecional, taxistas e transportistas en xeral.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.