Luns 10 de xullo 2006
Axenda
"La Betulia Liberata" en Via Stellae
Co único oratorio que Mozart compuxo, a Cappella della Pietà de Turchini ofrece o cuarto concerto de Via Stellae. Está inspirado nos Apócrifos de Judith, a liorta entre israelitas e asirios en Betulia.
O luns 10 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher
A Escola de Altos Estudios Musicais organiza este quinto festival, que combinará sesións lectivas de carácter teórico e práctico con concertos e audicións abertas ao público.
Do 3 ao 10 de xullo, na Escola de Altos Estudios Musicais.
Axenda
Taller da artista Marga Crespo
No Pazo de Bendaña, no primeiro andar, nas salas destinadas o servizo de Didáctica no museo, desevólvese o taller de gravado da artista Marga Crespo. Está dirixido a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos. O prezo por alumno é de 50 euros.
Os días 10, 11, 12, 13, e 14 de xullo, de 11:00 a 13.30 horas, no Pazo de Bendaña.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.