Sábado 6 de maio 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
A Real Filharmonía interpreta "A historia de Babar"
Maximino Zumalave dirixe á Real Filharmonía nesta interpretación de "A historia de Babar, de Poulenc. Dous concertos didácticos de dúas sesións cada mañá, e un concerto para toda a familia o sábado pola tarde.
A Historia de Babar foi escrita orixinariamente para piano entre 1940-45, e o compositor Jean Françaix realizou posteriormente unha admirábel orquestración de gran virtuosismo instrumental. Os ritmos divertidos de Poulenc crean no conto do pequeno elefante cor e contraste.
O 4 e o 5 de maio, ás 10:00 e ás 12:00, no Auditorio de Galicia.
O 6 de maio, ás 19:00.
Axenda
XXV Feira do Libro
A Feira do Libro chega un ano máis a Compostela, coa participación de 26 asociacións, entidades, librarías e editoriais de toda Galicia.
Ata o 8 de maio no Paseo Central da Alameda. En horario de 11:00 a 14:00 e 17:30 a 21:30; as fins de semana e festivos, o horario de mañá é de 11:00 a 14:30 horas.
Axenda
I Certame de Danza Intercentros.
Primeira edición do Certame de Danza Intercentros de Compostela, no que participan cinco centros de ensino da cidade.
O sábado 6 de maio, ás 18:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
XV Semana Aniversario do Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite
O Centro Sociocultural "José Saramago" organiza unha semana chea de actividades.
Do sábado 6 de maio ó venres 12 de maio, no Centro Sociocultural.
PROGRAMA:
Sábado 6
18:00 h
Cine para tódolos públicos.
King Kong.
17:45 h
Inauguración da semana cultural, a cargo de Mercedes Rosón, concelleira de Centros Socioculturais.
18:00 h
Actuación Coral "Voces do Camiño"
Programa:
Aí ven o maio.
Silencio.
Moon River.
Luci care.
Hoy estoy aquí.
Adios ríos.
Luns 8
11:00-12:00 h
Teatro para nenos.
Cucho, Coco e o dilema do seis.
Cachirulo teatro.
18:00-19:30 h
Obradoiro de caligrafía árabe.
19:30- 21:00 h
Danzas do mundo, danzas gregas, israelís e latinas.
Imparte: Luís Varela.
21:00 h
SAMBA
Imparte Mirian Haz.
Mostra gastronómica do Brasil.
Martes 9
17:30- 18:30 h
Exhibición de Tai Chi
19:30- 21.00h
Danzas colombianas (Cumbia, porro, currelaos)
21:00 h
ALMUSICA.
Concerto. Encontro coa vibración, (didgeridoo, cuncas tibetanos, harmónicos vocais).
19:00 h
Actuación MagoVituco Para nenos e nenas na Ludoteca.
Mércores 10
17:30- 19:00 h
Taller de Origami (papiroflexia).
19:30- 21:00 h
Danza Xitana, introdución ao flamenco.
Imparte: Carmen Mejuto.
18:00 h
TALLER DE PEPES- PORTA CHAVES (nenos e nenas).
19:00 h
GLOBOFLEXIA (nenos e nenas).
Xoves 11
19:30- 21:00 h
DANZAS TERAPÉUTICAS.
Espazo para liberar corpo e emocións a través da danza libre.
18:00 h
LUDOCHAPA (nenos e nenas).
Venres 12
17:30- 19:00 h
RITUAL DE TÉ SAHARAUI.
19:30-22:30 h
DANZA ORIENTAL (Danzas antigas do Al-Andalus).
Imparte: Lesya Star.
19:00h
CONTACONTOS (nenos e nenas).
Axenda
Exposición sobre Mozart en Fontiñas
Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart. Con este motivo, o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Centros Socioculturais, e a Editorial Everest organizan unha exposición e talleres sobre o compositor.
O acto de inauguración, o venres 5 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Axenda
Grafitti na era dixital
The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.
Axenda
Seminario Formativo de Educación Familiar
Os Servizos Sociais Municipais organizan o Seminario Formativo de Educación Familiar
Os Servizos Sociais Municipais pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio do presente ano 2006, os mércores de 16 h a 18h.
PROGRAMACIÓN:
1ª Sesión. Día 19 de abril de 2006. Esta sesión divídese en dúas partes:
1ª parte: Título: "Servizos Sociais. O programa de intervención familiar" Imparte unha traballadora social do Concello.
Os obxectivos serán os seguintes:
- Promover un axeitado coñecemento dos servizos sociais.
- Promover un axeitado emprego do sistema de servizos sociais.
- Presentar os obxectivos reais do programa de intervención familiar.
- Traballar a motivación hacia o programa de intervención familiar.
2ª parte: Título: "Area de Relacions Sociais: Dereitos e deberes como cidadáns." Exposición por parte dunha Avogada.
Obxectivos da dinámica son os seguintes:
-Coñecemento dos dereitos/ deberes como cidadáns.
-Informar das consecuencias do incumplimento das obrigas como cidadáns..
-Coñecemento dos recursos xurídicos.
2ª Sesión. 26 de abril de 2006
Título: "Área de Saúde. Sexualidade." Exposición por parte dunha Educadora social.
Contidos:
-Métodos anticonceptivos e a súa correcta utilización.
-Hixene persoal.
3ª Sesión. 3 de maio:
Título: "Area de Relacións Sociais. Habilidades Sociais." Exposición por parte dunha Psicologa do Departamento da Muller.
Obxectivos:
-Mellora de destrezas
-Desenrolo desta habilidade
4ª Sesión. 10 de maio.
Título: Área escolar: Charla impartida por unha orientadora escolar, cos seguintes contidos:
-Promover axeitadas relacións pais escola.
-Prevención do absentismo escolar.
5ª Sesión. 24 de maio
Título: "Área de Saúde". Charla impartida por unha enfermeira de atención primaria, cos seguintes contidos:
-Axeitada utiliación do sisitema sanitario.
-Promover axeitados coidados da saude.
-Prevención.
6ª Sesión. 31 de maio.
Título: "Area de Emprego." Impartida por técnicos de emprego dos Servizos Sociais Municipais.
Os obxectivos da sesión son os seguintes:
-Coñecer cauces de inserción laboral
-Importancia da formación no mundo laboral
Realizaranse actividades programadas cos menores que acudan coas familias a estes seminarios. Levadas a cabo polas educadoras do Programa de Intervención Familiar.
Axenda
Teatro de Bernard Marie Koltés na Nasa
Teatro Dom trae á Sala Nasa a La Nuit juste avant les forêts, a ópera prima do dramaturgo francés Bernard Marie Koltés.
Do 4 ó 13 de maio de 2006, ás 22.00 horas, na Sala Nasa.