Xoves 22 de marzo 2007
Axenda
Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio
"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.
Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.
Axenda
Xornada sobre "Barrios en (re)construción
Celébranse en Santiago as xornadas "Barrios en (re)construción. Novas ideas para a rehabilitación integral dos barrios na cidade futura".
Estas xornadas pretenden servir de reflexión sobre a cidade e as súas problemáticas de organización dende a perspectiva da unidade territorial e social que representan os barrios. Para falar deste tema estarán en Compostela destacados ponentes nos diversos ámbitos contemplados, tales como a arquitectura, a xeografía, a historia ou a arquitectura.
Os días 22, 23 e 24 de marzo, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Historia) e no Centro Sociocultural de Vista Alegre.
Axenda
"O debuxo por diante"
Oportunidade para contemplar en varios espazos da cidade a exposición "O debuxo por diante". Esta mostra pretende por en valor esta manifestación artística, presentándoa coma unha ferramenta indispensable para coñecer a arte contemporánea de todos os tempos.
Do 13 de marzo ao 29 de marzo no Auditorio de Galicia, na Fundación Granell, no CGAC, no Espazo C e na Igrexa da Universidade.
Axenda
O compromiso co patrimonio natural en "Art Natura"
A mostra achegará aos visitantes as obras de máis dun cento de artistas e escritores galegos para expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural. "Art Natura".
Ata o 16 de abril, de 18:00 a 21:00 horas, no Instituto Rosalía de Castro.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
I Ciclo Revelando Voces
As Concellarías de Cultura e Educación e Mocidade poñen en marcha un proxecto para que os novos intérpretes composteláns se dean a coñecer no mundo musical da cidade apoiados por artistas xa máis recoñecidos. O ciclo "Revelando voces" acollerá no mes de marzo os concertos de sete artistas que mostrarán ao público o seu traballo dos últimos anos.
Ao longo do mes de marzo, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
Zona Alternativa
A Sala Nasa acolle a oitava edición do proxecto "Zona Alternativa". Danza, teatro, música e outras expresións artísticas.
Durante o mes de marzo, na Sala Nasa.
Axenda
A Filharmónica de Frakfurt interpreta pezas do alemán Max Bruch e do austríaco Anton Bruckner
Chega a Compostela a Filharmónica de Frankfurt. Drixirá Michael Sanderling e acompañará como solista a violinista e directora directora artística da Orquestra de Cámara de Berlín, Katrin Scholz.
O xoves 22 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.