Xoves 21 de setembro 2017
Axenda
"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia
Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.
Ata novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís
Axenda
"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela
Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.
Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.
Axenda
"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca
A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.
Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
Compostela Contemporánea
2ª edición deste evento arredor do muralismo urbano, con master class, conferencias, concertos e intervencións no espazo público.
Do 15 ao 24 de setembro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Bastións", esculturas de José Perozo
Bastións é unha compilación de hábitats, a ilustración dun mundo de cidades e personaxes que se habitan a si mesmos no que se combina certo realismo máxico cunha estética postindustrial.
Do 16 de setembro ao 5 de outubro, na igrexa da Compañía (Universidade).
Axenda
Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"
Axenda
Paseo literario por Compostela con Daniel Asorey
Segunda entrega do ciclo de percorridos literarios por Compostela, desta vez con Daniel Asorey.
O xoves 21 de setembro, ás 18:00 horas, con saída da Cruz de San Pedro.
Axenda
Coplas, bosquexos e intermedios pola Banda municipal
Novo concerto da Banda Municipal de Santiago de Compostela, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.
O xoves 21 de setembro, ás 19:30 horas, na praza das Praterías.
Axenda
"Na butaca", de ButacaZero, no Teatro Principal
Estreno desta obra que aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento.
O xoves 21 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.