Xoves 27 de abril 2017
Axenda
Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás
Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.
Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade
Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…
Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.
Axenda
"A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco", exposición no Colexio de Fonseca
Axenda
Marianna Prjevalskaya no Ciclo de Piano Ángel Brage
Interpretará obras de W. A. Mozart, L. v. Beethoven, J. Brahms e S. Rachmaninov.
O xoves 27 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia
Axenda
A compañía Entremans presenta "Amediometrados"
Tres pezas curtas de danza creadas en diferentes espazos onde o ámbito foi soporte nas súas múltiples formas e o pulso físico se manifesta vertixinosamente.
O xoves 27 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.