Xoves 29 de setembro 2011
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Limiar de soños. Rubia-Granell" na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle unha nova expo
Axenda
Mostra sobre Francisco Asorey na Fundación Torrente Ballester
Exposición sobre a figura de Francisco Asorey.
Do 9 de setembro ao 30 de outubro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Axenda
Panel de boas prácticas sobre conciliación e corresponsabilidade
No marco do programa Compostela Corresponsable, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego organiza unha xornada denominada "Lexislación vixente nacional e autonómica en materia de conciliación. Vantaxes e bonificacións. Panel de Boas Prácticas". A entrada é libre e entregarase diploma de asistencia.
O xoves 29 de setembro, de 19:00 a 22:00 horas, no centro da Asociación Hostalería Compostela.
Axenda
Concerto da Banda Municipal
Novo concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Xosé Carlos Seráns.
O xoves 29 de setembro, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.
Axenda
A soprano Sandrine Piau na clausura do Ciclo de Lied
O Ciclo de Lied pecha unha nova edición cun concerto protagonizado pola soprano Sandrine Piau. Roger Vignoles estará ao piano. Interpretarán obras de Fauré, Liszt, Chausson, Debussy, Zemlinsky, Strauss e Poulenc.
O xoves 29 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.