Sábado 22 de outubro 2011
Axenda
Roteiro micolóxico ao Pedroso e exposición
Roteiro micolóxico ao Pedroso para descubrir e identificar cogomelos. Xa pola tarde realizarase unha exposición, identificación e estudo dos cogomelos, cun pase de diapositivas.
Ás 9:00 horas (roteiro) e ás 17:00 horas (exposicion e estudo), no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Limiar de soños. Rubia-Granell" na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle unha nova expo
Axenda
Exposición sobre o tren no Centro Sociocultural da Rocha
Exhíbese a exposición A primeira liña do Ferrocarril en Galicia: Cornes-Carril.
Do 18 ao 31 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.
Axenda
"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C
O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.
Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".
Axenda
Mostra sobre Francisco Asorey na Fundación Torrente Ballester
Exposición sobre a figura de Francisco Asorey.
Do 9 de setembro ao 30 de outubro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Axenda
"Rosalía, a pulga que escribía"
Galitoon presenta Rosalía, a pulga que escribía, espectáculo para os máis pequenos baixo a dirección de Santiago Alonso e Andrea Bayer.
O sábado 22 de outubro, ás 18:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Concerto de Gianlucca Libertucci na Catedral
Dentro do ciclo de outono do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio de Santiago, concerto do organista Gianlucca Libertucci. Obras de Bach, Liszt e Franck.
O sábado 22 de outubro, ás 21:00 horas, na Catedral de Santiago.