Domingo 29 de marzo 2009
Axenda
Exposición retrospectiva de Antón Mouzo
O Auditorio de Galicia acolle nas súas salas a exposición retrospectiva de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007). A mostra presentará un percorrido polas obras realizadas dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións.
No Auditorio de Galicia, todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas.
Axenda
Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"
1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A
Axenda
"Babiliglub", de Galitoon, no Principal
¿Sería posíbel contar unha historia con catro palabras? Unha pregunta que soa a reto para o valente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe dicir Miau! A obra de monicreques en luz negra chámase Babiliglub e corre a cargo da produtora Galitoon.
O sábado 28 e o domingo 29 de marzo, ás 18:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Keren Ann en directo nunha nova cita de Sons da Diversidade
Chega a terceira cita de Sons da Diversidade co directo da cosmopolita Keren Ann, que presentará o seu último traballo, que leva o seu mesmo nome.
O domingo 29 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.