Venres 20 de xuño 2008
Axenda
V Semana Cultural da Trisca
O Centro Sociocultural da Trisca organiza unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de actividades para todos.
Do 17 ao 21 de xuño.
Axenda
Exposición na Alameda dedicada a Curros Enríquez
O Paseo Central da Alameda acolle unha exposición dedicado ao escritos celanovés Curros Enríquez, un dos autores do Rexurdimento galego e persoeiro histórico das nosas letras.
Do 19 de xuño ao 2 de xullo no Paseo Central da Alameda.
Axenda
Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño
"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.
Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.
Axenda
"Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", no Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", que reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas
Do 18 de xuño ao 14 de setembro, no Auditorio de Galicia.