Domingo 15 de xuño 2008
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.
Axenda
Concerto da Banda Municipal de Música na Praza de Europa
A Banda Municipal de Música, con Casiano Mouriño á cabeza sae á rúa nesta fin da primavera. Desta volta ofrecerá un concerto na praza de Europa.
O domingo 15 de xuño, ás 12:00 horas, na praza de Europa.
Axenda
Pradairo presenta "Aliaxe" no Teatro Principal
O grupo Pradairo presenta o seu novo disco, "Aliaxe".
O domingo 15 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.