Venres 13 de xuño 2008
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.
Axenda
Federico Luppi chega ao Teatro Principal con "O guía do Hermitage"
O ciclo Teatro e Danza en Xira retoma a arte dramática con "O guía do Hermitage', unha suxestiva obra baseada no texto orixinal de Herbert Morote e que traerá a Compostela a un dos actores de maior importancia da escena contemporánea como é Federico Luppi.
O venres 13 e o sábado 14, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.