Xoves 24 de abril 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
O CSC da Trisca acolle a exposición "Dispositivo de intercambio"
O Centro Sociocultural da Trisca acolle do 22 ao 30 de abril a mostra ""Dispositivo de intercambio". Contén obras de Andrei Bosneaga, An Maria David, Alexandru Cristian Munteanu, David Deshormeaux, Thomas Dufour, Louise Lavard, Katariina Vesterinen e Guiomar Diaz Sanz.
Os artistas presentes nesta exposición son estudantes que mediante Erasmus viaxaron desde diversos paises de Europa ( Rumanía, Francia e Finlandia) para continuar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén está presente na exposición unha alumna que procede da Facultade de Belas Artes de Cuenca e estuda tamén en Pontevedra mediante unha bolsa Séneca.
O título desta exposición alude á idea de que as bolsas de intercambio funcionan como dispositivo de intercambio cultural. Ao mesmo tempo pódese pensar que o edificio do Centro Sociocultural da Trisca, cunha arquitectura tan especial, actúa como dispositivo de intercambio e coñecemento do barrio. Finalmente, a mostra tamén pode describirse coma un mecanismo de comunicación entre o artista coa súa obra e o espectador.
A exposición está organizada pola Unirversidade de Vigo en colaboración co Centro Sociocultural da Trisca e coa Concellería de Cultura e Centros Socioculturais.
Ata o 30 de abril, no Centro Sociocultural da Trisca.
Axenda
Mendelssohn, Karlowicz e Wieniawski polo violín de Marat Bisengaliew
O violinista kazaxo Marta Bisengaliew acompaña á Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Wit nun novo concerto de abono. Interpretarán obras de Mendelssohn, Wieneiawski e Karlowicz.
O xoves 24 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.