Xoves 25 de xuño 2009
Axenda
"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.
Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"
Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.
Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".
Axenda
"Palabras encadeadas", de Talía Teatro, no Principal
Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Este é o fío argumental de Palabras encadeadas, da compañía Talía Teatro.
O xoves 25 e o venres 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.