Sábado 7 de outubro 2017
Axenda
"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia
Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.
Ata novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"O Ceo en España. Os brigadistas austríacos na Guerra Civil Española", mostra no Colexio de Fonseca
A exposición recrea mediante fotografías, documentos e obxectos orixinais o periplo vital dos 1400 voluntarios austriacos, entre eles 43 mulleres, que chegaron a España tras a sublevación franquista.
Do 14 de setembro ao 31 de outubro, no Colexio de Fonseca.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
Curtocircuíto. 14º Festival Internacional de Cine
O 14º Festival Internacional de Cine Curtocircuíto celebra a súa semana oficial de proxeccións a concurso.
Do 1 ao 8 de outubro, no Teatro Principal e outros espazos da cidade.
Axenda
Exposición "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX"
Axenda
"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC
A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.
O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
Xornadas de Música Contemporánea 2017
Artistas e formacións referenciais da música de culto e de vangarda danse cita un ano máis en Compostela.
Do 7 de outubro ao 25 de novembro, en diferentes espazos da cidade.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.