Xoves 11 de outubro 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Na miña bicicleta", mostra fotográfica de Ángel Luis Utrera
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle a mostra Na miña bicicleta, con fotografías de Angel Luis Utrera.
Do 2 ao 13 outubro no CSCXM do Ensanche.
Axenda
Goyo Jiménez
Goyo Jiménez presenta o seu espectáculo Al fin solo no marco do ciclo Falabaratos.
O xoves 11 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Diego García dirixe a Real Filharmonía de Galicia
Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, desta vez dirixida por Diego García e co acompañamento do gaiteiro Pablo Devigo. Interpretarán obras de Takemitsu, López Rodríguez e Schubert nun orixinal concerto.
O xoves 11 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural