Mércores 20 de xullo 2011
Axenda
Vive o Verán!
No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C
Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.
Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.
Axenda
Dani Espasa, clave
Nova entrega do Festival Vía Stellae, esta vez coa clave de Dani Espasa e o seu concerto Bach e as Variacións Goldberg.
O mércores 20 de xullo, ás 20:30 horas, na igrexa da Universidade.
Axenda
Xacobe Martínez Antelo Sexteto
Clásicos do jazz: Kind of blue, tributo a Miles David é o título do concerto que ofrece o Xacobe Martínez Antelo Sexteto no marco do Festival Vía Stellae.
Ricardo Formoso, trompeta
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
Max Gómez, batería
Joao Mortagua, saxofón
Fernando Sánchez, saxofón
Xan Campos, piano
O mércores 20 de xullo, ás 23:00 horas, na Praza de Abastos.