Venres 13 de marzo 2015
Axenda
"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia
Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.
Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"
Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).
Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.
Axenda
Concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbà
Director titular da RFG durante máis dunha década, Antoni Ros Marbà ponse de novo á fronte da orquestra nun concerto integramente dedicado a Antonín Dvorák. Os nacionalismos musicais son un dos fíos condutores dunha tempada que nesta oportunidade nos serve dúas das grandes obras do mestre bohemio: o seu Concerto para cello (composto no seu período norteamericano é un dos concertos para este instrumento máis interpretados) e a Sétima Sinfonía, probablemente a súa sinfonía máis romántica e pola que sentía unha especial predilección.
O venres 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Paus + Coelho Radioactivo
A banda lisboeta Paus actuará en Santiago de Compostela nun concerto, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Paus é un grupo que combina unha música próxima ao hardcore, xunto con psicodelia e ritmos tropicais. Terán como artista invitado a un compatriota, Coelho Radiactivo.
O venres 13 de marzo, ás 21:00 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural