Domingo 17 de marzo 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Compostela revelada
A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.
Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
O Crebanoces de Chaikovski
A idea do espectáculo xurde do concerto didáctico sobre o Crebanoces de Chaikowski no que traballamos en Nadal do 2008 en combinación coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. A raíz do concerto didáctico decidimos producir un espectáculo de títeres unipersoal.
O doming 17 de marzo, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Ron Carter Trío
O contrabaixista estadounidense Ron Carter ofreceranos o seu particular swing acompañado por Donald Veiga ao piano e Rusell Malone á guitarra no concerto de jazz que abrirá o VI ciclo 1906 Jazz.
O domingo 17 de marzo, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Escenas Poéticas 3: O asombro"
Aneis, Asombro e Desassossego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.
O venres 15 e o sábado 16 de marzo, ás 20:30 horas, e o domingo 17, ás 19:30 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural