Domingo 27 de maio 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Pinocho. Un conto musical"
Pinocho. Un conto musical é un musical infantil-familiar baseado no conto clásico de Carlo Collodi que, baixo a batuta do director José Tomás Cháfer, fará as delicias de pequenos e grandes
O domingo 27 de maio, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Citizen, a triloxía completa"
Dentro da programación de Teatro&Danza da Concellería de Cultura chega ao Principal Citizen, a triloxía completa, a cargo de Chévere.
O venres 25 de maio, ás 20:00 horas, e o sábado 26 e o domingo 27 de maio, ás 19:00 horas, no Teatro Principal.