Xoves 21 de xullo 2011
Axenda
Festas do Apóstolo
Santiago acolle unha nova edición das Festas do Apóstolo. Consulta aquí o programa.
Do 21 ao 31 de xullo, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Vive o Verán!
No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C
Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.
Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.
Axenda
Concerto da Banda Municipal
Novo concerto de verán da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Xosé Carlos Seráns.
O xoves 21 de xullo, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.
Axenda
Ars Atlántica grava o "O Manuscrito Guerra"
O Festival Vía Stellae acolle a gravación de O Manuscrito Guerra, volume 4 (gravación do selo discográfico Naxos en colaboración co Festival).
JOSÉ ANTONIO LÓPEZ barítono
ARS ATLÁNTICA
MANUEL VILAS arpa de dúas ordes e director
BRUNO FORST órgano
O xoves 21 de xullo, ás 20:30 horas, na igrexa da Universidade.