Martes 7 de xuño 2005
Axenda
Presentación do Racismomatón
Estará ubicado durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur.
O Racismomatón consiste nunha cabina de fotomatón computerizada na que, por medio dun xogo de ordenador, permite, libre e voluntariamente, someterse a un sinxelo test de cinco minutos que avalía as actitudes do usuario cara ao inmigrante.
O test non ten por obxecto determinar se o usuario é ou non racista, senón sensibilizar sobre o problema inducindo o debate e a reflexión.