Xoves 21 de setembro 2006
Axenda
Videocreación en CurtoCircuíto na Rúa
Momento para a videocreación en CurtoCircuíto na Rúa. Poderanse ver os seguintes filmes: "Technosachin", "Dark room", "Fast film", "Medrando na esfera" e "Horu".
Da música ocuparase o dúo rapeiro Malandrómeda e a Pandilla Alucinante.
O xoes 21 de setembro, ás 23:00 horas, na Praza de Praterías.
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
Cen anos da historia da arte a través dos "Itinerarios artísticos"
"Itinerarios artísticos. Colección Fundación María José Jove" é un proxecto cultural que inicia en Santiago de Compostela unha viaxe polas principais cidades galegas. A exposición inclúe unha selección de obras de autores clave no ámbito galego e español, que permitirá ao espectador percorrer máis de cen anos de historia da arte, desde os primeiros pasos do século XX até os nosos días.
Ata o 1 de outubro, no Museo do Pobo Galego.