Sábado 2 de setembro 2006
Axenda
Nordestin@s presenta o seu disco no Principal
Nordestin@s está integrado polo pianista Abe Rábade, e dúas das vocalistas de máis sona do panorama galego: Guadi Galego, vocalista e gaiteira de Berrogüetto, e Ugia Pedreira, coñecida polo seu grupo anterior Chouteira e agora polo seu grupo Marful. Entre os tres botan man do repertorio mariñeiro do Norte, achegándose á súa infancia, á música popular que lle transmitiron os seus pais.
O sábado 2 de setembro, ás 22:00 horas, no Teatro Principal
Axenda
"Feitoamán", música nas rúas da cidade vella
As noites do casco histórico son musicais da man "Feitoamán". O jazz convírtese no principal protagonista deste evento, que se desenvolve do 14 de agosto ao 3 de setembro, anque tamén hai lugar para algún outro estilo, como a canción de autor.
Do 14 de agosto ao 3 de setembro, nas prazas e rúas da zona histórica.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.