Venres 13 de outubro 2006
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
VII Ciclo de Lied
O baixo Robert Holl e o pianista Roger Vignoles interpretan obras de Schumann, Schubert e Mussorgski.
O venres 13 de outubro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Unha "Suite bufa" na Sala Yago
A compañía catalana Gataro representa a súa "Suite bufa´".
Do venres 13 ao domingo 15, na Sala Yago.
Axenda
"Domani Lavoro", de Paco Rocha
"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.
Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.