Mércores 31 de outubro 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
"Mensaxe nunha botella de plástico" para os máis novos no Principal
"Mensaxe nunha botella de plástico" é a proposta de Buratini para a primeira das obras de teatro didáctico que terán lugar no Teatro Principal.
O 29 de outubro, ás 10:30 e 12:00 horas; o 30 de outubro, ás 12:00 horas; e o 31 de outubro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Exposición de Quintana Martelo
O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.
Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.
Axenda
A Real Filharmonía inaugura a tempada de concertos didácticos con "Pedro e o lobo", de Prokófiev
O alumnado de educación infantil e os dous primeiros cursos de primaria poderá achegarse á música da man dun novo concerto didáctico. Maximino Zumalave dirixe á Real Filharmonía de Galicia nesta interpretación de "Pedro e o lobo", unha peza coa que Sergei Prokófiev, inspirándose nun conto popular, introduce na música aos máis pequenos. Particparán os títeres da compañía Per Poc.
O martes 30 e o mércores 31 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.