Mércores 3 de maio 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
XXV Feira do Libro
A Feira do Libro chega un ano máis a Compostela, coa participación de 26 asociacións, entidades, librarías e editoriais de toda Galicia.
Ata o 8 de maio no Paseo Central da Alameda. En horario de 11:00 a 14:00 e 17:30 a 21:30; as fins de semana e festivos, o horario de mañá é de 11:00 a 14:30 horas.
Axenda
Grafitti na era dixital
The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.
Axenda
Seminario Formativo de Educación Familiar
Os Servizos Sociais Municipais organizan o Seminario Formativo de Educación Familiar
Os Servizos Sociais Municipais pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio do presente ano 2006, os mércores de 16 h a 18h.
PROGRAMACIÓN:
1ª Sesión. Día 19 de abril de 2006. Esta sesión divídese en dúas partes:
1ª parte: Título: "Servizos Sociais. O programa de intervención familiar" Imparte unha traballadora social do Concello.
Os obxectivos serán os seguintes:
- Promover un axeitado coñecemento dos servizos sociais.
- Promover un axeitado emprego do sistema de servizos sociais.
- Presentar os obxectivos reais do programa de intervención familiar.
- Traballar a motivación hacia o programa de intervención familiar.
2ª parte: Título: "Area de Relacions Sociais: Dereitos e deberes como cidadáns." Exposición por parte dunha Avogada.
Obxectivos da dinámica son os seguintes:
-Coñecemento dos dereitos/ deberes como cidadáns.
-Informar das consecuencias do incumplimento das obrigas como cidadáns..
-Coñecemento dos recursos xurídicos.
2ª Sesión. 26 de abril de 2006
Título: "Área de Saúde. Sexualidade." Exposición por parte dunha Educadora social.
Contidos:
-Métodos anticonceptivos e a súa correcta utilización.
-Hixene persoal.
3ª Sesión. 3 de maio:
Título: "Area de Relacións Sociais. Habilidades Sociais." Exposición por parte dunha Psicologa do Departamento da Muller.
Obxectivos:
-Mellora de destrezas
-Desenrolo desta habilidade
4ª Sesión. 10 de maio.
Título: Área escolar: Charla impartida por unha orientadora escolar, cos seguintes contidos:
-Promover axeitadas relacións pais escola.
-Prevención do absentismo escolar.
5ª Sesión. 24 de maio
Título: "Área de Saúde". Charla impartida por unha enfermeira de atención primaria, cos seguintes contidos:
-Axeitada utiliación do sisitema sanitario.
-Promover axeitados coidados da saude.
-Prevención.
6ª Sesión. 31 de maio.
Título: "Area de Emprego." Impartida por técnicos de emprego dos Servizos Sociais Municipais.
Os obxectivos da sesión son os seguintes:
-Coñecer cauces de inserción laboral
-Importancia da formación no mundo laboral
Realizaranse actividades programadas cos menores que acudan coas familias a estes seminarios. Levadas a cabo polas educadoras do Programa de Intervención Familiar.