Sábado 27 de maio 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición en Fontiñas
"Bilingüismo cromático" é o título da exposición que Encarna Álvarez Gallego presenta no Contro Sociocultural de Fontiñas.
Do 12 ó 19 de maio, co seguinte horario:
Luns: de 10:00 a 14:00 horas.
De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Axenda
Festas da Ascensión
Último día das Festas da Ascensión
PROGRAMA DO DÍA
VIII Festa para os nosos Maiores
(Recinto feiral de Amio)
13.00 h.
Actuación dos cabezudos
14.00 h.
Xantar e, a continuación, a actuación da orquestra Os
Trovadores
Día da Muiñeira
18.00 h.
Concentración dos participantes na Alameda
18.30 h.
Desfile desde a Alameda por Bautizados, Toural, Rúa Nova,
Quintana, Conga, Rúa do Vilar, Porta Faxeira, Alameda
20.00 h.
Festa infantil para os grupos participantes
23.00 h.
Festa no Toural
12.30 h. e 20.00 h.
Pasarrúas Gaiteiros
Fanfarria B.M.W.
16.00 h.
XXVIII Edición do Campionato de Chave
Paseo da Alameda
22.00 h.
Orquestra Cunter´s
Paseo Central da Alameda
Axenda
Exposición sobre Mozart en Fontiñas
Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart. Con este motivo, o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Centros Socioculturais, e a Editorial Everest organizan unha exposición e talleres sobre o compositor.
O acto de inauguración, o venres 5 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Axenda
Grafitti na era dixital
The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.
Axenda
Actuación do Grupo b vocal
O Teatro Principal acolle a actuación do Grupo b vocal. Música e humor a capella´.
O sábado 27 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.