Xoves 7 de xuño 2007
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
O holandés Frans Brüggen dirixe a Real Filharmonía
O direcctor holandes Frans Brüggen dirixe á Real Filharmonía de Galicia nunha sesión na que interpretará a "Sinfonía núm. 6 en Do maior, D. 589", de F. Schubert; e a "Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92", de L. v. Beethoven.
O xoves 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.