Domingo 11 de maio 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Carmen Dor no Teatro Principal
A canción de autor chega ao Principal da man do "Circuito 4x4". Desta volta coa actuación da cantautora Carmen Dor.
O domingo 11 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.