Venres 4 de maio 2007
Axenda
XVII Semana Aniversario do CSC de Vite
O Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite celebra a súa XVII Semana Aniversario. Catro días cheos de actividades para todos.
Do 2 ao 5 de maio, no Centro Sociocultural de Vite.
Axenda
XXVI Feira do Libro
O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro. Mesas redondas, sorteos de lotes de libros, exposicións, obradoiros, firmas de libros e moitas outras actividades.
Do 27 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.