Mércores 7 de novembro 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
"Figuramas", de Fran Lareo, no CSC do Ensanche
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle unha exposición titulada "Figuramas", de Fran Lareo. Trátase dun artista autodidacta que fai esculturas en madeira e noutros materiais.
Do 5 ao 12 de novembro, no CSC do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16).
Axenda
Exposición de Quintana Martelo
O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.
Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.
Axenda
Cineuropa
Cineuropa celebra a súa XXI edición cun programa cheo de bo cine das máis diversa filmografías.
Do 6 de novembro ao 3 de decembro, nas seguintes salas: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Fundación Caixa Galicia e Aula Sociocultural de Caixa Galicia.