Mércores 13 de abril 2005
Axenda
XIII Feira do Teatro en Galicia
Programación para o mércores 13 de abril.
10.00 h. Asemblea da Red Española de Teatros, Auditorios y Circuitos de Titularidad Pública no Hotel Hesperia Compostela
10:30 h. Títeres Viravolta presenta a "Historia do soldado" na Sala Yago
12:00 h. Presentación do convenio de colaboración entre o IGAEM e a Fira de Teatre al Carrer de Tárrega na Fund. Gonzalo Torrente Ballester.
12.30 h. Diálogos: "Programación de artes escénicas para nenos, nenas, rapaces e rapazas" na Fund. Gonzalo Torrente Ballester.
16:00 h. Xirriquiteula Teatre (Cataluña) presenta "Papirus", na Sala Yago.
17:15 h.Teatro de Adro presenta "García" no Teatro Galán
19:15 h. Mofa e Befa presentan "Cultura para dar e tomar" na Sala Nasa.
21:15 h. Ancora Producción presenta "Paso de cebra" no Salón Teatro.
23:30 h. Teatro do Atlántico presenta "O encoro" no Teatro Principal.
Axenda
Seminario sobre Pautas educativas
O mércores 13 de abril celébrase o Seminario sobre Pautas educativas, dentro da segunda sesión do VI Obradoiro de Intervención Familiar que organiza o Departamento de Servizos Sociais
Dentro da programación do VI Obradoiro de Intervención Familiar, desenvólvese o Seminario sobre Pautas Educativas en horario de 10:30 a 12:00 e de 16:00 a 17:30 horas no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Na segunda sesión abordase a area das relacións familiares, cos obxectivos de:
- Fomentar relacións axeitadas entre os membros da familia.
- Facilitar pautas educativas axeitadas
As persoas asistentes ao obradoiro poden ir acompañados de nenos e nenas xa que para eles desenvólvese un obradoiro paralelo denominado "Proxecto OFI" (Obradoiro Familiar Infantil), no que se abordará o tema de Educación Vial para os pequenos a través de xogos e dinámicas grupais.
Axenda
Semana de títeres no Centro Sociocultural de Vite
Co gallo da celebración do seu décimo aniversario, a compañía "Títeres Cascanueces" realizará varias representacións no CSC de Vite os días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 de abril. Ademais, haberá outras actividades, como visitas guiadas á exposición "Viaxar con títeres", charlas e lecturas de textos. As actividades comezarán ás 11 horas.
Programa
Xoves 7
Pasarrúas "O parto de mama Semba"
Visita á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)
Venres 8
Visita guiada pola exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Que pasa na praza" (Pablo Nojes)
Sábado 9
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Charla-Coloquio "O títere galego actual" (Jorge Rei-Cachirulo)
Función de títeres "Un cuento viejo vuelvo a contar"
Luns 11
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "Ikú y Elegguá" (Títeres Cascanueces)
Martes 12
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Lectura de textos para nen@s
Función de títeres "Redoblante y Meñique" (Títeres Cascanueces)
Mércores 13
Visita guiada á exposición "Viaxar con títeres"
Función de títeres "A rúa das pantasmas" (Títeres Cascanueces)
Pasarrúas de clausura