Mércores 18 de marzo 2009
Axenda
Exposición retrospectiva de Antón Mouzo
O Auditorio de Galicia acolle nas súas salas a exposición retrospectiva de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007). A mostra presentará un percorrido polas obras realizadas dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións.
No Auditorio de Galicia, todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas.
Axenda
Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"
1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A
Axenda
Ensaio aberto da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un novo ensaio aberto no que, ademais de adiantar o concerto do serán, permite achegarse ao Auditorio de Galicia a aqueles que non adoitan escoitar música clásica. Nesta ocasión interpretarán a Sinfonía número 1 en Do maior op.21, de Ludwig van Beethoven.
O mércores 18 de marzo, ás 11:45 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
A RFG, dirixida por Maximiano Valdés, interpreta a Stravinsky e Beethoven
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un novo recital cun músico convidado. Neste caso vai ser Maximiano Valdés, prestixioso director de orquestra que levará a batuta do concerto para interpretar a Stravinsky e Beethoven.
O mércores 18 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.