Xoves 15 de marzo 2007
Axenda
Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio
"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.
Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.
Axenda
"O debuxo por diante"
Oportunidade para contemplar en varios espazos da cidade a exposición "O debuxo por diante". Esta mostra pretende por en valor esta manifestación artística, presentándoa coma unha ferramenta indispensable para coñecer a arte contemporánea de todos os tempos.
Do 13 de marzo ao 29 de marzo no Auditorio de Galicia, na Fundación Granell, no CGAC, no Espazo C e na Igrexa da Universidade.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
I Ciclo Revelando Voces
As Concellarías de Cultura e Educación e Mocidade poñen en marcha un proxecto para que os novos intérpretes composteláns se dean a coñecer no mundo musical da cidade apoiados por artistas xa máis recoñecidos. O ciclo "Revelando voces" acollerá no mes de marzo os concertos de sete artistas que mostrarán ao público o seu traballo dos últimos anos.
Ao longo do mes de marzo, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
Zona Alternativa
A Sala Nasa acolle a oitava edición do proxecto "Zona Alternativa". Danza, teatro, música e outras expresións artísticas.
Durante o mes de marzo, na Sala Nasa.
Axenda
Concerto de corda no Auditorio de Galicia
Músicos franceses e italianos dos séculos XIX e XX para un concerto de corda, nunha nova actuación da Real Filharmonía de Galicia.
Interpretarase, entre outras, unha peza do italiano Nino Rota, autor de bandas sonoras da meirande parte dos filmes de Fellini e doutras películas míticas para a historia do cine, como "O Padriño", "O Gatopardo" ou "Guerra e paz". Tuomas Ollila dirixirá e Mario Brunello estará ao violoncello.
O xoves 15 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.