Xoves 26 de maio 2005
Axenda
Exposición "El Quijote. Perspectivas" no Csc "José Saramago" de Vite
Ata o vindeiro 31 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago", de Vite. Aberta ao público de martes a sábado en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.
Na exposición, as ilustracións seleccionadas, entre elas as clásicas de Doré ou as máis persoais de Vela Zanetti, son o punto de partida para ver "El Quijote" dende outras perspectivas: contos, versos e adaptacións teatrais, xunto a versións íntegras e datos curiosos sobre a obra. A exposición tamén nos achega á vida do autor, á súa biografía, o seu estilo narrativo, a época histórica na que viviu, curiosidades, personaxes contemporáneas, etcétera. Aspectos que axudarán ao visitante a comprender a obra e a interesarse pola súa lectura.
Axenda
Actividades para o fin de semana do Csc das Fontiñas
Para o venres 27 e o sábado 28 de maio.
Venres 27
•Audición da Asociación Musical Alfai ás 18:00 h
•Cine xuvenil, ás 20:00 h proxección de "Los chicos del Coro"
Sábado 28
•A Hora do Contacontos ás 12:30 h
•Cine Infantil ás 17:30 h proxección de "Garfield, the movie"
•Taller de Manualidades para nenos ás 19:00 h na biblioteca infantil
•Club da Saúde Natural. Ás 19:00 h, "Flores de Bach. Terapia natural para equilibrar as emocións". Imparte Carmen Villar.
Axenda
Próximas actividades do Centro Sociocultural A Trisca
Do xoves 26 ao sábado 28 de maio.
Xoves 26 maio ás 19 horas.
Club de Maiores: Actuación do grupo de teatro ATIDE (Aulas de terceira idade de Santiago). Recital-homenaxe a Hans Christian Andersen. O espectáculo inclúe varios contos do autor así como unha pequena mostra de cancións infantís e xuvenís.
Entrada libre
Venres 27 de maio ás 19 horas.
Charla sobre a alimentación sá. Impartida polo colaborador do centro Xesús Feás Sánchez
Tarde do 28 de maio
Saída infantil ao parque da Alameda. Xogos no parque
Gratuíto. Prazas limitadas.
Ata o 28 de maio tamén permanecerá aberta a exposición de esculturas do compostelán Anxo Villaronga, baixo o título "Bosquexos da realidade aparente".
Axenda
Quico Cadaval dirixe "Manolo Chavoleiro"
Ciclo "Casal no Teatro"
Ás 21 horas, no Teatro Principal, Quico Cadaval presenta "Manolo Chavoleiro".