Venres 20 de abril 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Ler, contar e gozar coas letras"
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.
Axenda
"Será o meu propio paraíso"
A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.
Todas as representacións na Zona C:
- O sábado 14 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 15 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 22 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 26, o venres 27 e o sábado 28 de abril, ás 20.30 horas.
- O domingo 29 de abril, ás 19:00 horas.
Axenda
Proxección de "Eva al desnudo" e coloquio con café
O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta Eva al desnudo, de Joseph L. Mankiewicz, 1950. E a continuación, coloquio con café acompañados por Patricia Fra López, profesora titular e experta en literatura e cine da USC. Entrada de balde ata completar aforo.
O venres 20 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Concerto de Maika Makovski
Concerto de Maika Makovski dentro do ciclo Íntimo&Acústico, contará como teloneiro con Gentle Music Men.
O venres 20 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
As noites de Paramount Comedy
David Navarro, Kaco e Paco Calavera presentan o seu show en Compostela.
O venres 20 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.