Luns 30 de xaneiro 2012
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Concerto dos frautistas Pablo Rouco e Estefanía Fernández coa soprano Beatriz Arenas
Terceiro concerto do XIV Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza, desta vez dos frautistas Pablo Rouco e Estefanía Fernández coa soprano Beatriz Arenas.
O luns 30 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Facultade de Xeografía e Historia.