Sábado 28 de xaneiro 2012
Axenda
VI Trofeo Compostela Esgrima
O pavillón polideportivo de Pontepedriña acolle o VI Trofeo Compostela Esgrima. Entre 150 e 180 deportistas daranse cita neste torneo, que inclúe o Ranking Galego de Espada (en categorías absoluta e para menores de 15 anos) e o Ranking Nacional de Veteranos (en espada e florete).
O sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro, no pavillón polideportivo de Pontepedriña
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.