Xoves 17 de novembro 2011
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C
O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.
Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".
Axenda
Outono fotográfico nos CSC
A 29 edición do Outono Fotográfico achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro, mostrando os traballos de preto de 200 fotógrafos.
Do 4 ao 30 de novembro nos centros socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, Fontiñas, Conxo, A Trisca e O Ensanche.
Axenda
Concerto didáctico da Banda
A Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, ofrece un concerto didáctico baixo o título Imos á Banda.
O mércores 16 e o xoves 17, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Cineuropa
Cineuropa chega á súa edición número 25 traendo o mellor cine a diversas salas da cidade.
Do 9 de novembro ao 2 de decembro, en diversas salas da cidade.
Axenda
Pisando Ovos representa "Menos 1" en Meixonfrío
A compañía Pisando Ovos representa en Meixonfrío a obra Menos 1
O xoves 17 de novembro, ás 19:00 horas, no Local Sociocultural Casa Agraria.
Axenda
David Afkham dirixe á Real Filharmonía de Galicia
Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por David Afkham. A formación estará acompañada polo pianista Saleem Abboud Ashkar.
Programa:
J. Brahms, Abertura académica, op. 80.
F. Mendelssohn, Rondó brillante en Mi bemol maior, op. 29.
C. Saint - Saëns, Fantasía para piano e orquestra, op. 89, "África".
J. Brahms, Sinfonía núm. 3 en Fa maior, op. 90.
O xoves 17, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.